Concello de Sanxenxo - O goberno aumenta ata 44 o número de auxiliares de policía local contratados
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de xuño levaba a cabo a contratación de 34 auxiliares de policía local, os mesmos que en 2017 e o dobre que en 2016. Pero co obxectivo de seguir mellorando na seguridade do municipio, o goberno leva a cabo un novo esforzo orzamentario para aumentar en 10, o número de auxiliares contratados o pasado mes de xuño, contando así cun persoal de 44 auxiliares para este verán.

O Concello está a poñer todos os medios e recursos posibles para reconducir os excesos doutros veráns. E é por iso que se quere reiterar que o goberno vai ser moi firme e constante na mellora da seguridade cidadá, especialmente nos espazos de lecer nocturno.

 

0
0
0
s2sdefault