Concello de Sanxenxo - O goberno impulsa a construción dun club de piragüismo modular temporal ata a realización do edificio definitivo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mentres se xestiona e execútase o edificio definitivo que necesita o club de piragüismo e que será incluído dentro do proxecto máis amplo de mellora de toda a zona portuaria de Portonovo, o goberno entendeu que os piragüistas non podían esperar máis para dispoñer dunhas instalacións máis amplas e cómodas que as actuais.

Por iso, decidiu investir 271.919€ en dúas naves modulares que se instalarán na praia de Baltar, xunto ao módulo de servizos, e que unha vez que se dispoña do novo club de piragüismo poderán ser utilizadas como equipamentos noutras praias ou noutras zonas do Concello, onde se considere necesario.

O Concello dispón dun permiso provisional de dous ou tres anos do Servizo de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Medio Ambiente para este fin.

Trátase de dúas naves rectangulares, de construción modular de paneis prefabricados de formigón armado, cuberta de panel metálico de sándwich e portas e xanelas de aluminio. As dúas naves suman 23,50m de longo por 12,50m de ancho e 4,90m de alto. As naves contarán con dúas portas de 1,60m. para embarcacións e outras dúas de 0.90 m para peóns.

As dúas naves suman unha superficie total de 294 m2 e inclúen un almacén para gardar 104 embarcacións, en concreto 70 K-1, 28 k-2 e 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.

As novas instalacións estarán concluídas en 4 meses a partir da súa adxudicación e financiaranse, 100.000€ con cargo ao remanente de tesourería e os 171.919€ restantes con cargo ao orzamento do 2019.

 

0
0
0
s2sdefault