Concello de Sanxenxo - Conclúen os traballos de rozado en 300km do Municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A falta dalgún viario por rozar, a concellería de medio ambiente está a piques de concluír o plan de roza do municipio, iniciado o pasado mes de xuño.

En total rozáronse máis de 300km lineais, (150km de pistas e estradas) nas 7 parroquias. As parroquias máis extensas levaron máis tempo, Adina, Noalla, Dorrón e Vilalonga. Parroquias, con menos quilómetros, por ser máis pequenas, necesitaron menos tempo de traballo, como son Padriñán, Bordóns e Nantes.

Para a limpeza de todas as cunetas actuaron dúas rozadoras, unha varredora e media ducia de rozadoras manuais. E os traballos iniciáronse en ambos os extremos do municipio, Dorrón e A Lanzada, para atoparse nun punto común.

A partir de agora realizaranse tarefas de mantemento, para conservar en bo estado as pistas e viarias municipais e evitar que a maleza vaia crecendo ata a chegada das choivas do inverno.

 

PINO EN BALTAR

Ademais, desde a concellería procederase a retirar a parte caída dun pino na zona de Baltar, que rompeu esta semana. A zona pechouse ao público para garantir a súa seguridade á hora de utilizar esta zona de esparexemento, ata que se retiren as ramas caídas e fágase unha revisión de todos os exemplares da zona.

 

 

RIO BALTAR

Por último, desde a concellería de medio ambiente tamén se está levando a cabo unha limpeza do Río de Baltar. Con esta actuación ao lardo de 300m, están a
eliminarse, principalmente silvas e maleza, sen ningún tipo de valor ecolóxico,que durante estes anos cubriran o Río por completo.

Ademais, retíranse residuos e verteduras acumulados ao longo do transcurso do mesmo. En todo momento respectaranse aquelas plantas e árbores autóctonos que están na zona.

 

0
0
0
s2sdefault