Concello de Sanxenxo - A piques de rematar a rehabilitación de dous lavadoiros, un en Nantes e outro en Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Debido ao estado de deterioración dos lavadoiros da Ferreira, en Nantes e da Igrexa, en Noalla, o goberno local acometeu unha actuación para a súa conservación e mantemento, mellorando tanto as condicións estéticas como a súa funcionalidade. Así como tamén a seguridade na súa utilización, recuperando o seu carácter orixinal.

Estes dous lavadoiros forman parte dos bens que integran o patrimonio etnolóxico e co fin de preservar o noso patrimonio cultural, as actuacións realizáronse de forma harmoniosa e coherente cos valores xerais da contorna. Coidando en todo momento a integración en materiais, sistemas construtivos, tipoloxía e cromatismo.

Para a restauración de ambos lavadoiros realizáronse tarefas previas de roza, picado e rexuntado de xuntas, colocación de tella cerámica, no caso de Nantes, e conexión á rede de saneamento, en Noalla. Agora quedan pendentes traballos de posta a punto final, como pode ser a limpeza de todo a contorna dos lavadoiros.

Estas dúas actuacións tiveron un orzamento aproximado de 10.000€ que foron financiados a través dunha liña de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.

 

 

0
0
0
s2sdefault