Concello de Sanxenxo - Comezan as actividades do programa TODOCOSMOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana comezan as actividades no Concello de Sanxenxo do programa TODOCOSMOS. Un programa de divulgación astronómica ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller ( OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que ten por obxectivo achegar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todas as idades: cursos, talleres, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Parte fundamental deste programa está constituído polo proxecto "A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concellos-Organismos Públicos e Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a colaboración do Concello de Sanxenxo.

TODOCOSMOS comeza no municipio cunha observación astronómica o venres 27 de xullo no paseo de Silgar, cunha eclipse lunar.

As demais actividades programadas para os meses de xullo e agosto son:

 

OBSERVACIONES ASTRONOMICAS ROSA DOS VENTOS/ PASEO SILGAR 2018

FECHA

HORA

OBSERVACIÓN

27 de xullo

22:30 A 23:30 HORAS

Eclipse lunar

17 de agosto

22:30 A 23:30 HORAS

Luna creciente, Júpiter, Saturno

29 de agosto

22:00 A 23:00 HORAS

Júpiter. Saturno, estrella doble

 

 

CURSO DE INICIACIÓN A ASTRONOMIA

DIAS

HORA

LUGAR

20,21,22 de agosto

11:00 h.  a 13:00 h.

Inclúe observación nocturna

Pazo Emilia Pardo Bazán

Desde a Concellería de Medio Ambiente quérese animar a todas as persoas que esa noite estean por Sanxenxo a que aproveiten a oportunidade de achegarse a realizar esta observación.

 

 

0
0
0
s2sdefault