Concello de Sanxenxo - O goberno asfaltará dous viales en Noalla e dous en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local ha redactado un proxecto, e remitido á Deputación para o seu financiamento a través do Plan Concellos, para a pavimentación de 4 viales municipais, dous en Noalla e dous en Vilalonga.

En Noalla será asfaltado un vial en Pontes e outro en Tombelo e en Vilalonga, un en Freixo e outro Piñeiros. Estes catro viales presentan un estado de deterioro considerable, debido ao tránsito que soportan e á súa antigüidade. É por iso que se acometerá unha actuación de pavimentado do firme, instalando á súa vez o servizo de abastecemento de auga en Tombelo.

O orzamento aproximado para a súa execución ascende a 79.000€ e resúmense principalmente na apertura e recheo de gabias, roza e limpeza de cunetas e marxes, a dotación da capa de zahorra e a mestura bituminosa en quente. Por último, poñeranse en cota as tapas das pozas de rexistro e instalarase a sinalización necesaria.

Previa á aprobación do proxecto, foi necesario obter autorizacións sectoriais da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente e do Instituto de Estudos do Territorio.

Esta actuación estará incluída nun grupo de proxectos de servizos básicos que se redactaron para mellorar o día a día dos veciños de Sanxenxo. Neste grupo tamén estará o abastecemento en Outeiro-Ricardo Santos-Quintáns, saneamento en Canelas, subministración de dúas bombas de augas residuais en Noalla e Vilalonga e a prolongación na rede de abastecemento de auga en Nantes e Padriñán.

 

0
0
0
s2sdefault