Concello de Sanxenxo - O goberno instalará tramos de colector de saneamento en Vilalonga, Noalla e Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Na actualidade existen algunhas zonas do termo municipal de Sanxenxo que carecen de servizo de saneamento de augas residuais e de abastecemento de auga. É intención do goberno levar a cabo as actuacións que sexan necesarias para instalar progresivamente devandito servizo naquelas zonas que non o teñan.

 

Así pois, unha nova actuación, para liquidar esta carencia, pasa pola instalación de varios tramos de colector de saneamento de augas residuais e de tubaxe de abastecemento de auga en Outeiro (Vilalonga), Ricardo Santos (Sanxenxo) e Quintáns (Noalla). En Vilalonga instalarase un colector de saneamento. En Sanxenxo, ademais do colector instalarase a tubaxe de abastecemento e en Noalla, colocarase un colector de gravidade para o bombeo ademais do mencionado en Vilalonga e Sanxenxo.

 

Estas actuacións teñen un orzamento que ascende a 193.300€, que serán financiados nas anualidades 2018 e 2019 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

Para a execución das obras levará a cabo un reformulo das mesmas, a apertura dos fosos necesarios para a instalación dos distintos elementos e, unha vez que se comproben as instalacións farase unha reposición dos firmes afectados polas obras.

 

Para a aprobación do proxecto, foi necesario obter autorizacións sectoriais de Augas de Galicia, Deputación de Pontevedra, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Plan de Ordenación do Litoral.

 

Esta actuación finánciase dentro dun grupo de proxectos de servizos básicos que o goberno levará a cabo, ademais doutros novos que se están redactando, e que suman un investimento que ascende a máis de 400.000€. Entre estes proxectos atópase a prolongación da rede de abastecemento en Buezas (Nantes) e Aldariz (Padriñán), a instalación da rede de
saneamento de augas residuais en
Canelas ( Portonovo) o subministración bombas de bombeo de augas residuais na Revolta (Noalla) e Arnosa (Vilalonga) e a
pavimentación de catro viarios municipais en
Tombelo, Pontes, Piñeiros e Freixo.

 

0
0
0
s2sdefault