Concello de Sanxenxo - Montalvo acolle este fin de semana a XIX Edición da Feira Gastronómica de Produtos Galegos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A Asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Concello de Sanxenxo, organiza para este fin de semana a “ XIX Feira Gastronómica de Produtos Galegos”, en Montalvo.

 

Desde a Asociación, xa teñen todo listo para que arrinque esta nova cita, con varias exposicións de artesanía galega e casetas de produtos tradicionais como mel, licores, queixos, doces e viños.

 

O inicio da festa prevese para as 12.30 h. do venres coa apertura de casetas de degustación e as exposicións. Pola tarde as casetas volverán abrir ás 20.00 h. acompañando a xornada música dun cantautor.

 

Será o sábado cando, a partir das 12.30 h., póidase gozar outra vez das casetas e á 13.00 h. celébrese unha misa cantada na capela de Arra, con música e baile a cargo dun grupo de gaitas.

 

Ás 13.30 h. terá lugar a presentación do libro “O Pai Sarmiento viaxeiro” de Marcelino Agís. E a continuación, actuará o grupo Airiños de Vigo.

 

A noite de sábado continua co V Serán dos Loureiros, a partir das 23.00h., no que todos os grupos participantes estarán convidados a un aperitivo e os 10 primeiros en anotarse, ademais, terán un agasallo especial. Para terminar a noite farase unha queimada, gratuíta para os asistentes.

 

O domingo, último día da feira, as casetas abrirán á mesma hora que o venres e o sábado, ás 12.30 h. e a mañá terminará III Certame de Pintura Rápida “Arra como Antiga Parroquia”. Para poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural de Arra, con obras serán realizadas in situ.

 

A organización facilitará aos participantes un plano do lugar para que comuniquen o punto no que vaian realizar a súa obra, para poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma.

 

Pola tarde, a partir das 20.00h. poderase gozar das casetas de degustación e ás 21.00h. teremos outra actuación do grupo Soalleira. Será ás 00.00h. cando a feira déase por finalizada.

 

Desde o Concello quérese “felicitar publicamente á Asociación Cultural San Cayetano de Arra, por todo o traballo e esforzo que realizan ano tras ano para facer que esta décimo oitava edición da feira sexa posible”.

 

0
0
0
s2sdefault