Concello de Sanxenxo - O paso definitivo para a construción do novo colexio de Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

No pleno de onte dábase o paso definitivo para a construción do novo colexio de Vilalonga. A construción deste novo centro leva sendo durante anos a demanda unha das demandas máis urxentes do Concello de Sanxenxo e por fin, a súa realidade está cada vez máis próxima.

A folla de ruta a seguir para a construción do centro educativo inclúe tres compromisos, que son:

 

  • A licitación e adxudicación do proxecto de execución antes de finalizar o ano.

  • A adxudicación das obras no segundo trimestre de 2019.

  • Que o centro estea en funcionamento durante o curso 2020/2021.

O colexio, para 450 alumnos, contará con todos os espazos e dotacións que esixe a Lei para os centros do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria, incluíndo un ximnasio e dúas pistas deportivas descubertas.

 

O convenio tamén contempla que o proxecto de execución debe reservar o espazo para a futura construción dun pavillón de deportes e un acceso exterior que permita

o uso compartido no horario escolar e extraescolar. A iniciativa da construción deste pavillón corresponderá ao Concello, así como a xestión dos recursos necesarios para o seu financiamento, que poderán ser fondos doutra administración ou propios.

 

0
0
0
s2sdefault