Concello de Sanxenxo - Os pinceis máis rápidos chegan a Arra este fin de semana
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Centro de Arte do Concello de Sanxenxo, organizan un ano máis o Certame de Pintura Rápida ao aire libre.

Nesta iniciativa poderán participar todos os artistas que o desexen de forma gratuíta, previa inscrición electrónica a través do correo scarra.asociacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou o mesmo día do certame no momento do selado dos lenzos en horario de 9 a 11 horas, na zona de aparcadoiro da praia de Montalvo.

As bases establecen dúas categorías. Unha infantil, para nenos de ata 16 anos, e outra de adultos, para maiores de 16 anos.

Aínda que o estilo e a técnica son libres, a organización si marca a temática, que versará sobre calquera lugar de Arra co obxectivo de poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural da parroquia de Arra.

Por iso, as obras deberán de ser realizadas in situ, dentro dos límites da antiga parroquia de Arra. Os que os organizadores facilitarán aos participantes un plano da mesma, para que comuniquen o lugar no atópanse realizando a súa obra e así poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma.

A totalidade das obras serán expostas nun recinto habilitado para o caso durante a Feira de Produtos Galegos.

 

O PADARE SARMIENTO VIAXEIRO

O sábado día 4, durante o transcurso da Feira de Produtos Galegos, tamén terá lugar a presentación do libro “O Padre Sarmiento viaxeiro”.

Nesta obra, o seu autor, Marcelino Agís Villaverde, ocúpase dun aspecto da biografía do Pai Sarmiento, non por coñecida, suficientemente estudada, como son as súas viaxes desde a infancia pontevedresa, aos anos de formación en Madrid, Navarra e Salamanca, ata Asturias, León, Toledo…

Pero, sobre todo, os tres viaxes que o sabio ilustrado fixo á nosa terra en distintos momentos do século XVIII. Ao tempo, o libro achéganos a paisaxe ilustrada do seu tempo e como a obra e a vida de Sarmiento se insiren nunha das épocas máis interesantes da historia da cultura occidental.

 

0
0
0
s2sdefault