Concello de Sanxenxo - Éxito da xornada informativa sobre reciclaxe de envases agrarios
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte celebrábase no Pazo Emilia Pardo Bazán unha xornada, a cargo de SIGFITO, sobre a reciclaxe dos envases agrarios.

 

O obxectivo desta xornada divulgativa era concienciar aos agricultores do municipio para que reciclen os envases dos produtos utilizados, pero, ademais, expoñerlles como facelo correctamente.

 

Durante a xornada explicáronse de forma concisa os pasos que deben seguir os agricultores para esta reciclaxe, desde o almacenamento na leira, ata que son depositados no punto de recollida.

Grazas a que os agricultores entregan os envases baleiros nos diferentes puntos, SIGFITO pode reciclalos noutros materiais de uso industrial, por exemplo os conos das estradas ou as tubaxes de rega.

Durante a charla, o concelleiro de medio ambiente, quixo “felicitar aos agricultores do Concello de Sanxenxo polo papel tan importante que teñen neste labor ambiental.”

 

 

 

PREMIO SIGFITO

O pasado mes de xuño, a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, entregaba a unha empresa do municipio, Agroquímicos Carballa un premio SIGFITO.

Este premio é un recoñecemento á súa colaboración desinteresada na recuperación e recollida de envases agrarios en Galicia, grazas ao sistema de recollida SIGFITO.

A Directora, María Cruz Ferreira, resaltou durante esa visita “o bo funcionamento do sistema de recollida xestionado por SIGFITO e recoñeceu a súa contribución a incrementar a recuperación deste tipo de envases na comunidade. Así, o ano pasado recolléronse en Galicia preto de 50.000 kg de envases e residuos de envases de produtos fitosanitarios, unha cifra que supón un incremento do 16,3% con respecto ao dato de 2013.”


Esta tendencia ascendente do últimos cinco anos explícase, como indicou a Directora
Xeral, grazas ao compromiso e á colaboración desinteresada por parte de empresas como Agroquímicos Carballa, recoñecida co premio SIGFITO deste ano, tendo en conta que durante 2017 recolleu un total de 2.433 kg, practicamente o 15% de todos os envases agrarios que se recuperaron no conxunto da provincia de Pontevedra.

Así, o sistema de recollida SIGFITO baséase na existencia dunha rede de puntos colaboradores por toda Galicia (146 en total) nos que se reciben e recollen os residuos de envases procedentes dos agricultores. A maior parte deles son empresas de distribución e comercialización para o sector agrícola e vitivinícola, que, ao adherirse a este sistema, contribúen a garantir unha correcta xestión dos residuos dos produtos fitosanitarios que se empregan en diferentes tipos de cultivo, maioritariamente envases de plástico.



 

 

0
0
0
s2sdefault