Concello de Sanxenxo - Fin de semana “estupendo” e “fabuloso” para a Festa da Ostra
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Estupendo e fabuloso, así describe o presidente da Comisión de Festas, Roberto Garrido, o fin de semana da XXVII Edición da Festa dá Ostra.

Noalla supera o seu récord un ano máis e reparte máis de 25.000 ostras durante os tres días de celebración.

Os asistentes á carpa puideron degustar, ademais das ostras, outros pratos como as croquetas, empanada, polbo, pementos ou arroz.

O tempo, e a oferta gastronómica do fin de semana, foron claves para o éxito da “ Festa dá Ostra”, que se celebrou en Noalla un ano máis, e con este xa son 27 as edicións. Así, a zona da Lanzada converteuse nun punto de encontro de miles de persoas que quixeron degustar o prezado molusco.

Desde a organización sinalan como momento de maior afluencia, a queimada, con máis de 300 participantes e o domingo ao mediodía, que foi o momento cume na venda de tíckets.

Esta festa xa é un evento consolidado no calendario municipal e desde o Concello quérese agradecer publicamente, o traballo e a implicación desta asociación, na súa organización os meses previos e no esforzo desinteresado que realizan durante todo o fin de semana.

 

0
0
0
s2sdefault