Concello de Sanxenxo - O Pazo Emilia Pardo Bazán, sede dunha residencia coreográfica de danza contemporánea.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A peza resultante, que leva por título *Á T I C A, estrearase o vindeiro martes.

O proxecto está pensado e desenvolvido por Elvi Balboa, natural de Sanxenxo e residente en Barcelona e a sevillana Lucía Bocanegra, dúas bailarinas e coreógrafas que se coñeceron a través do proxecto Euromediterráneo Shapers da compañía de danza francesa Ex- Nihilo.

Durante a primeira quincena do mes de agosto, as instalacións do Pazo Emilia Pardo Bazán serviron para que estas dúas bailarinas investiguen sobre a unión entre a súa danza e unha nova concepción de espazo público. O resultado desta investigación é unha peza coreográfica onde as bailarinas apártanse dos habituais chans de linóleo e paredes de xeso e aproxímanse á contorna urbana experimentando as reaccións do corpo fronte ás texturas que este ofrece como as lastras, o asfalto, a pedra….

*Á T I C A, nome da peza, é o lugar no que se atopan dúas descoñecidas, dous extremos que se unen nun xogo. Un diálogo harmónico creado polas súas diferenzas. Presentarase o martes, 14 de agosto ás 22:30 horas no atrio da igrexa de Sanxenxo. Posteriormente, a peza será presenta a varios concursos de danza internacionais como o “Certame Só Dous”, con xira en Costa Rica ou o Concurso Coreográfico de Madrid.

Esta presentación estará precedida desde as 22,00 h. cunha sesión de música a cargo de Cristina Balboa, que posteriormente tamén poñerá a música para a peza coreográfica.

 

0
0
0
s2sdefault