Concello de Sanxenxo - Portonovo celebra as súas festas patronais coincidindo co impulso dun novo proxecto que mellorará notablemente a fachada marítima da vila.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto dunha nova senda que conectará o porto de Portonovo e a praia de Canelas estará en exposición pública durante 20 días.

O proxecto da senda de conexión entre o Porto de Portonovo e a Praia de Canelas estará en exposición pública durante 20 días, no Salón de Plenos do Concello de Sanxenxo e nas dependencias do Servizo de Proxectos e Obras de Costas en Pontevedra, para que todos os veciños e visitantes poidan coñecelo e facer as alegacións que estimen pertinentes.

Nestes momentos, o porto de Portonovo e a Praia de Canelas non están conectados polo litoral. A conexión entre o porto de Portonovo e a praia de Caneliñas, realízase por unha beirarrúa de lastras de formigón, mentres que, entre a praia de Caneliñas e a de Canelas non existe dita conexión.

En base a isto redactouse un proxecto denominado, “Conexión litoral entre o porto de Portonovo e a Praia de Canelas”. Este proxecto recollerá unha actuación para unir toda a facha marítima de Portonovo. Devandito documento recolle as obras necesarias para a mellora da conexión entre os dous puntos, seguindo a súa traza polo bordo litoral, aproveitando as vías públicas existentes e deseñando unha nova senda peonil no tramo final.

A lonxitude total da actuación abarca 1.399m. dos cales os primeiros 930 m. son obras sobre infraestruturas xa existentes (beirarrúas e camiños de terra, en amarelo, na foto adxunta), e o tramo final, de 469 m. que discorre entre a Punta Corveiro e a Praia de Canelas, exponse cunha senda de madeira, apoiada e adaptada ao tramo de costa (liña vermella na imaxe adxunta).

As actuacións para levar a cabo no lugar, pódense dividir en 6 tramos:

 

  • Tramo 1: Porto de Portonovo - Miradoiro Punta Sepelo. Faranse actuacións puntuais de mantemento na beirarrúa xa existente. 

  • Tramo 2: Miradoiro Punta Sepelo (estatua da peixeira). Este miradoiro require a reposición do pavimento existente, con outro acorde co tramo anterior da Avda. de Pontevedra.

  • Tramo 3: Aceira Praia Caneliñas. Discorre entre o Miradoiro de Punta Sepelo e o final da Praia de Caneliñas. Nesta beirarrúa farase unha reposición do pavimento acorde ao tramo anteriormente mencionado da Avda. de Pontevedra.

  • Tramo 4: Camiño de acceso a vivendas. A prolongación da Avda. de Pontevedra, é un camiño de terra que dá acceso ás vivendas unifamiliares da zona. A terra será substituída por un pavimento de lastra, e instalarase unha bionda de madeira, acorde á contorna.

  • Tramo 5: Camiño de jabre. A partir da última vivenda, o tramo será exclusivamente peonil, polo que se fará con jabre confinado con bordo de madeira.

  • Tramo 6: Senda de madeira. O tramo final, de 469 m, proxéctase cunha senda de madeira de 2 e 2.5 m. de ancho, apoiada con postes de madeira sobre o terreo natural, cumprindo a normativa de accesibilidade e repoñendo os accesos públicos existentes á Praia de canelas con escaleiras.

O orzamento da nova conexión entre o porto e a praia de Canelas ou senda peonil ascende a 796.000 €.

 

 

0
0
0
s2sdefault