Concello de Sanxenxo - O Concello inicia un novo plan de limpeza no rural
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de xullo remataba o plan de roza que a concellería de Medio Ambiente puxera en marcha para rozar as cunetas das pistas e estradas do rural. Agora, inicia un novo plan de limpeza destes camiños.

Cunha mini escavadora, cedida pola Mancomunidade do Salnés que estará en Sanxenxo cada 15 días, levará a cabo un plan de limpeza do rural nas 7 parroquias do municipio. Con esta máquina tamén se poderán limpar as gabias, a través das cales se drenan as augas superficiais e que en moitas ocasións atáscanse pola maleza acumulada.

En total limparanse un 150Km de pistas e estradas (300km lineais). Os traballos comezaron en Gondar, na parroquia de Vilalonga, e ademais desta, Adina, Noalla e Dorrón, serán as que máis tempo necesiten, por ser máis extensas. Parroquias con menos quilómetros son Padriñán, Bordóns e Nantes.

 

 

0
0
0
s2sdefault