Concello de Sanxenxo - A próxima semana comezará a construción da pista polideportiva de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois do proceso de licitación e da análise das trece ofertas presentadas, adxudicouse á empresa ACEVI, a obra de construción da pista polideportiva de Nantes, por un importe de 199.990€, que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Será unha pista de soleira de formigón de 20 centímetros de espesor, de 44 metros de longo e 28 metros de ancho, e a cuberta será a dúas augas, con faldóns de 44,50m. x 14,60m. Instalaranse os correspondentes canlóns e baixantes para a recollida de augas pluviais da cuberta.

A empresa adxudicataria ha proposto unhas melloras por un valor de 26.700€, entre as que se atopa a substitución do papel sándwich de cuberta de 40mm de espesor proxectado, por un de 50mm. Tamén propoñen a substitución dos acabados da chapa metálica que conforma o panel sándwich de cuberta propostos no proxecto, por un acabado exterior para ambiente mariños e acabado interior lacado, mellorando a resistencia aos raios UVA e a corrosión.

Ademais, o adxudicatario propón dotar á pista e ás zonas de seguridade da cuberta cun revestimento deportivo impermeable, de alta calidade, realizado con catro capas de morteiro.

A infraestrutura estará construída no exterior do recinto escolar, pero estarán comunicados a través dun portal de entrada. Así pois, tamén se poderá acceder á pista polo exterior, xa que fose do horario escolar poderá ser utilizada por outros colectivos e funcionará como instalación municipal.

A pista que actualmente hai no CEIP de Nantes, debido á súa antigüidade e uso intensivo, atópase moi deteriorada, e estaba a ser necesario acometer reparacións continuas nela. É por iso que se decidiu acometer esta actuación.

 

 

0
0
0
s2sdefault