Concello de Sanxenxo - Enrique Marín e Alberta González son as Cebolas de Ouro 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este ano celébrase a XXXVI Edición dá Feira dá Cebola e os dous galardoados coa Cebola de Ouro teñen un nexo común, que é a súa fidelidade e amor a Sanxenxo.
Alberta Manuela González ten 90 anos e é veciña de Sanxenxo. Alberta foi pantalonera con Jesus Paz, o xastre da Vila de Sanxenxo.

Aos 15 anos, e ata fai tres, foi catequista de nenos, pero sobre todo de adultos. Preparou a máis de 500 persoas. Unha delas, á que lembra con especial agarimo. Un señor de Francia que aos seus 84 anos estaba sen bautizar. Ela preparouno e puido bautizarse, facer a comuñón e confirmarse, ademais, ela foi a súa madriña.

Ten un diploma e unha medalla que lle enviou Benedito XVI, en recoñecemento ao seu labor pola igrexa.
Enrique Martinez Marín ten 59 anos e naceu en León. Ao pouco de casar viño por primeira vez a Sanxenxo, e desde hai 16 anos pasa todos os veráns no municipio. Para el Sanxenxo é “máis que un lugar de veraneo, temos aquí parte moi importante de nosas, raíces, os nosos amigos e as nosas afeccións”.

Ao seu descubrimento persoal de Sanxenxo, súmase o profesional, tanto na súa etapa de coordinador do Plan Nacional de Territorios Intelixentes, como agora, como presidente de SEGITUR, tivo a ocasión de coñecer, de primeira man o municipio e a un gran equipo profesional aquí.
Enrique, é licenciado en ciencias políticas e socioloxía, ademais ten un master en xestión pública e outro en liderado e dirección pública. Ademais, é experto en avaliación de políticas e calidade dos servizos. Foi vogal asesor do Gabinete da SESIAD, coordinador do Plan Nacional de Territorios Intelixentes e Presidente do Comité Técnico de Normalización 178 de UNE. Na actualidade é presidente de SEGITTUR, a Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da innovación e as Tecnoloxías Turísticas.

O goberno de Sanxenxo está a traballar man a man con SEGITUR para converterse nun destino turístico intelixente, que supón o establecemento dunha revalorización do destino que permita aumentar a súa competitividade, mediante un mellor aproveitamento dos seus atractivos naturais e culturais, a creación doutros recursos innovadores, a mellora na eficiencia dos procesos de produción e distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sustentable e facilite a interacción do visitante co destino.

 

0
0
0
s2sdefault