Concello de Sanxenxo - O venres pola tarde terminaron as obras de reparación do noiro da Lanzada
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O venres pola tarde terminaron as obras de reparación do noiro da Lanzada, que se realizaron cun orzamento de 100.000€.

O noiro sustenta o camiño ao recinto da capela, a torre e a necrópole da Lanzada e hai uns anos uns desprendementos de terras produciron unha focha importante no noiro, con caída de restos cara á praia, afectando o trazado do camiño de acceso á zona.

Eses desprendementos de rochas e materiais seguiron aumentando, como consecuencia das choivas e o Concello solicitou a Costas a súa reparación para evitar danos maiores.

 

0
0
0
s2sdefault