Concello de Sanxenxo - A concellería de medio ambiente amplía o parque de Adina cun circuíto biosaludable
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A concellería de medio ambiente ampliou o parque de Adina coa instalación dun circuíto de elementos biosaludables.

Este parque público conta cunha oferta de lecer para os máis pequenos cun parque infantil e coa casa de cultura na que se desenvolven diferentes actividades durante o ano.

Á hora de seleccionar os módulos biosaludables que se instalaron, tívose en conta que servisen para fortalecer e exercitar distintas partes do corpo coa finalidade de que permitan aos veciños realizar un abanico máis amplo de exercicios.

Cun orzamento de aproximadamente 5.000€, levouse a cabo esta actuación para que pequenos e maiores poidan gozar destas instalacións xuntos.

 

PARQUE CANINO

Espérase que nos próximos días comecen as obras de construción dun parque canino na zona. Este parque estará situado na zona traseira da casa de Cultura.

A construción do parque conta cun orzamento de 20.296,67€ con cargo ao plan concellos da Deputación de Pontevedra.

A zona na que estará o parque comprende unha área total de 511 m2, nos que se colocará un valado metálico perimetral con paneis e unha porta de acceso.

Posteriormente instalaranse os diferentes elementos de xogo, de madeira tratase e polietileno. Haberá un anel, que será un panel cunha apertura para saltar. Unha empalizada, que é unha pirámide antiescorregadiza con banzos para subir e baixar. Un balancín e un túnel ríxido. Final del formulario

 


 

 

0
0
0
s2sdefault