Concello de Sanxenxo - Agosto de 2018 supera as cifras do mesmo mes do ano pasado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A semana pasada o CETS daba a coñecer o dato de ocupación do mes de agosto cun 91%, igualando así a cifra do ano pasado que xa fora cualificada polo propio sector como de récord. Por tanto, en agosto remontouse a tendencia do mes de xullo que foi, segundo o CETS, do 71% de ocupación tres puntos menos que en xullo de 2017.

Tamén desde AVITURGA, a asociación de aluguer de apartamentos turísticos, cualificáronse de excelentes os datos de ocupación da tempada, especialmente no mes de agosto.

Na mesma liña que os anteriores datos, van as cifras de consumos do mes de agosto que dependen do Concello, superando en todos os casos os datos do mesmo mes do 2017.

En agosto de 2018, xeráronse 1.870.860 quilogramos de lixo orgánico (contedor verde) superando a cifra do 2017, que foi de 1.865.080 kg. Se nos fixamos no contedor amarelo de envases, en 2018 recolléronse 52.670 kg fronte ao 47.940 kg do ano pasado.

A recadación de agosto do parking do porto deportivo ha alcanzado os 156.143€, fronte aos 147.251€ do mesmo mes de 2017.

A tendencia alcista tamén se confirma no consumo de auga. Este ano en agosto consumíronse 392.532 m3 fronte aos 382.580 m3 de 2017.

Repetir os datos de ocupación co 91% (máis de 250.000 pernoitas) e superar os consumos do ano pasado, que foi o ano dos récords, é un gran éxito de Sanxenxo como destino turístico.

Mentres outros destinos sufriron caídas con respecto ao ano pasado, aquí podemos estar satisfeitos do comportamento xeral da tempada, á espera dos datos de setembro, que é un mes importante para facer o balance xeral do verán. En calquera caso, non queremos esquecernos, que as aspiracións de Sanxenxo, e deste goberno, é conseguir que o municipio sexa un destino turístico 12 meses ao ano e non soamente durante a tempada estival.

Para darse conta do que significan estes datos hai que lembrar algunhas cifras que hai detrás. Sanxenxo ten a rede turística e hostaleira máis importante do norte de España con capacidade para máis de 100.000 visitantes, que inclúe 167 hoteis, 6 casas rurais, 53 pensións, 10 cámpings, 1.151 apartamentos turísticos e 11.059 segundas residencias.

 

 

0
0
0
s2sdefault