Concello de Sanxenxo - Sanxenxo porá en marcha a sede electrónica o próximo 17 de setembro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Boa parte dos trámites que calquera cidadán fai coa administración municipal estarán dispoñibles a golpe de rato a partir do próximo 17 de setembro.

Para isto durante a próxima semana os traballadores municipais terán sesións de formación para a aprendizaxe do funcionamento do programa da sede electrónica.

 

A implantación farase de forma progresiva e por iso, nun primeiro momento serán 4 as accións que os veciños poderán realizar a través dela:

 

  • Facer solicitudes de trámites.

  • Consultar o estado dos seus expedientes.

  • Recibir notificacións electrónicas.

  • Solicitar volante de padrón.

Ademais, a sede electrónica permitirá ao Concello publicar información de diferentes tipos, reducir a carga no rexistro e diminuír a cantidade de papel que se emprega a diario.

Cúmprese así coa obriga legal de notificar de forma telemática a tódalas persoas xurídicas e calquera notificación electrónica quedará relacionada co seu expediente automaticamente.

Dende a Concellería de Innovación destacouse que o obxectivo da implantación é dobre. “Por unha banda, facer máis eficaz a administración e por outro, dar máis facilidades aos cidadáns, que poderán realizar unha serie de trámites sen necesidade de desprazarse”.

 

 

0
0
0
s2sdefault