Concello de Sanxenxo - Esta mañá comezaron as obras de renovación completa do pavimento do núcleo de Bordóns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de agosto adxudicábase á empresa COVSA, a obra de pavimentación do núcleo de Bordóns. Debido á actividade turística da zona, aprazouse o inicio das obras para complicar o menos posible o transcurso diario por este lugar. Agora que a afluencia turística vai descendendo e antes de que cheguen as choivas de inverno, acordouse o inicio da execución deste proxecto.

O pavimento actual que vertebra a zona central do núcleo de Bordóns, atópase co firme nun estado de considerable deterioración, coa súa capa de rodaxe gretada e con importantes fochancas e roturas nese pavimento. Isto é debido, maioritariamente, á súa antigüidade, pero tamén é unha consecuencia das obras de instalación dos servizos urbanos e do tránsito diario que soporta.

As obras consisten en pequenas demolicións e traballos previos para a instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais, a execución dos firmes e pavimentos, dotándoos dunha capa de zahorra e soleira de formigón. E, finalmente, a pavimentación e o realce de tapas e a instalación da iluminación e a sinalización vertical.

Para a súa execución establécese un prazo de 3 meses. 4 semanas para o reformulo, demolicións e traballos previos, 3 semanas para a instalación de recollida de augas pluviais, 5 semanas para a pavimentación dos firmes e unha semana máis para os traballos de remate e limpeza. Acordouse coa empresa adxudicataria, COVSA, que as obras comecen despois do verán, para non prexudicar a actividade turística da zona.

A zona de actuación esténdese ao longo de 900 m e para a súa execución foi necesario obter autorizacións de Augas de Galicia, por estar o lugar afectado polas canles de rega de Bordóns, da Deputación de Pontevedra, polo entroncamento coa EP-92002 e da Consellería de Cultura e Educación, por atoparse nunha zona protexida do patrimonio arqueolóxico e etnográfico da Igrexa parroquial San Pedro de Bordóns, o cruceiro de Palma e a Casa Reitoral.

 

 

0
0
0
s2sdefault