Concello de Sanxenxo - Finca Rocafort
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Eles mesmos delátanse

Para xustificar o inxustificable, o BNG comete torpezas propias dun partido que non ten un candidato decidido e, por iso, algúns dos que aspiran a selo precipítanse confundindo os seus desexos coa realidade. Con tal de que lle vaia mal a este goberno ao BNG gustaríalle que a Sanxenxo a finca dos Rocafort custáselle 6,5 M€.

Os nacionalistas xustifican os 47 M€ que dixeron que custaría a expropiación porque é o que reclamaba a familia. Pois ese é o problema precisamente, que un partido e uns concelleiros da Corporación, en lugar de coincidir co interese de Sanxenxo, o seu prognóstico concorde coa reclamación disparatada da familia Rocafort e proba diso é que nin TSXG, nin o Supremo aceptárona.

Di o BNG que restamos importancia á sentenza. Todo o contrario, a diferenza do anterior concelleiro de facenda, que xa se puxo de acordo coa familia para facer o primeiro pago en 2017, nós imos seguir loitando xuridicamente para reducir os 4,2 M€. E se para conseguir unha redución de centenares de miles de euros hai que gastar unhas decenas deles, vale a pena o gasto.

Outra esaxeración máis: 2,2 M€ en intereses. Semellante cálculo optimista non o fai nin a propia familia Rocafort. Sexamos serios. Ata hoxe non se debe nin € de intereses, estes empezarán acumularse a partir dos seis meses desde que a resolución do xurado de expropiación sexa definitiva, é dicir cando se resolva o recurso que vai presentar o Concello.

 

 

0
0
0
s2sdefault