Concello de Sanxenxo - Hoxe púxose en marcha a sede electrónica
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Boa parte dos trámites que calquera cidadán fai coa administración municipal están dispoñibles a golpe de rato a partir de hoxe.

Despois dunha semana de formación aos traballadores municipais sobre o funcionamento do programa da sede electrónica, esta mañá chegaron as primeiras solicitudes e presentación de documentación a través deste sistema.

A implantación está a realizarse de forma progresiva e por iso, nun primeiro momento son 4 as accións que os veciños poden realizar a través dela:

 

• Realizar solicitudes de trámites.

 

• Consultar o estado dos seus expedientes.

 

• Recibir notificacións electrónicas.

 

• Solicitar volante de padrón.

 

Ademais, a sede electrónica permite ao Concello publicar información de diferentes tipos, reducir a carga no rexistro e diminuír a cantidade de papel que se emprega a diario.

Tamén se cumpre coa obriga legal de notificar de forma telemática a todas as persoas xurídicas e calquera notificación electrónica queda relacionada cos seus expedientes automaticamente.

Para acceder á sede electrónica é necesario entrar en http://sede.sanxenxo.es/ e para resolver calquera dúbida sobre o seu funcionamento os veciños e interesados poderán chamar ao teléfono 986.72.00.75.

 

 

0
0
0
s2sdefault