Concello de Sanxenxo - Restriccións ao tráfico rodado con motivo da volta ciclista a Galicia
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O vindeiro venres día 21, terá lugar en Sanxenxo a segunda etapa da volta ciclista a Galicia 2018.

O inicio da etapa será ás 13.00 h. no Paseo de Silgar, e tanto na saída como na chegada percorrerá diversas rúas do municipio. En apenas 20km o pelotón volverá pasar por Sanxenxo para disputar a primeira meta volante do día. A segunda meta intermedia será en Poio, a 33km da chegada.

O trazado desta etapa da Volta a Galicia, consta de 148km que discorrerán por Sanxenxo, Cambados Vilagarcía, Catoira, Caldas de Reis, Barro, Leiro, Samieira e Sanxenxo, onde os ciclistas deberán afrontar a ascensión aos altos de Carracedo (3ª Categoría), Ou Busto (2ª Categoría) e A Escusa (1ª Categoría).

No municipio, o desenvolvemento da proba provocará restricións ao tráfico rodado. É por iso, que entre as 7.00 h. e as 18.00 h, o tráfico estará cortado no paseo de Silgar, entre as rúas Luís Vidal Rocha e a Rúa Vigo, ademais das vías que dan acceso ao Paseo de Silgar.

O acceso hacia Portonovo será pola Rúa Progreso. Entre as 16.00 horas, e as 17.00 horas, tráfico cortado na Rúa Progreso, Avda. de Madrid, Paseo de Silgar, Avda. do Porto, e todas as vías que dan acceso ao tramo restrinxido.

Ademais, non se poderá estacionar ao longo da Avda. de Madrid e o Paseo de Silgar, desde as 00.00 h. ata as 18.00 h do venres 21 de setembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

0
0
0
s2sdefault