Concello de Sanxenxo - A piscina e o ximnasio municipal contarán cun baño adaptado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Durante 15 días, as instalacións da piscina e ximnasio municipais, permaneceron pechadas para acometer labores de mantemento, desinfección e limpeza.

 

Desde a concellería sinalábase “a necesidade de levar a cabo estas tarefas de mantemento co fin de manter no mellor estado posible estas instalacións”.

 

Ademais desas actuacións, está a executarse un baño adaptado no hall principal do edificio, e que tamén terá acceso desde o corredor dos vestiarios.

En primeiro lugar, procedeuse á demolición do pavimento de plaqueta e levantouse unha parede de placas, deixándoa lista para a súa alicatado. Instalouse a fontanería necesaria para auga fría e quente na ducha e o lavabo. Os aparellos sanitarios estarán conectados á rede de saneamento existente e por último farase a instalación eléctrica necesaria.

 

Este aseo créase co obxectivo de eliminar todas aquelas barreiras arquitectónicas que faciliten o acceso ás instalacións municipais de persoas con mobilidade reducida.

 

0
0
0
s2sdefault