Concello de Sanxenxo - Ábrese o prazo de matricula para a obtención do graduado en E. S.O.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Desde hoxe mércores e ata o 28 de setembro permanecerá aberto o prazo de matriculación para a obtención do Graduado en ESO. A matrícula poderase facer no Usos Múltiples de Portonovo en horario de 20.00-22.30 h.

A presentación do curso será o luns 1 de outubro ás 21,30 horas e o comezo das clases terá lugar o martes 2 de outubro, co horario lectivo habitual, de 20,00 h. a 23,00, de luns a xoves.

As actividades de preparación para a obtención do graduado en ESO teñen como obxectivo primordial favorecer a promoción persoal, social e laboral e está destinado a persoas de máis de 16 anos que teñan ou non o graduado escolar. leva a cabo en cooperación co Centro de Educación Permanente de Adultos (EPA) de Pontevedra onde o alumnado está matriculado na modalidade a distancia e onde será avaliado.

 

A través deste programa, o Concello de Sanxenxo ofrece ao alumnado matriculado os seguintes servizos:

 

  • Mediación co Centro EPA Río Lérez de Pontevedra nas xestións de Secretaría (formalización de matrículas, petición de certificados, recollida e entrega de cualificacións...)

  • Preparación de temarios, clases e resumos sobre os contidos para impartir; corrección de traballos, exercicios ou probas-ensaio.

  • Docencia directa das materias

  • Atención ao alumnado fose do horario lectivo.

 

 

 

 

 

0
0
0
s2sdefault