Concello de Sanxenxo - O goberno aposta por impostos e taxas o máis baixos posibles coa redución do IBI, a conxelación do lixo e o imposto de vehículos entre outros moitos e a actualización segundo IPC de taxa auga e saneamento.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno leva o pleno do próximo luns a conxelación da gran maioría dos impostos e taxas. É o caso do imposto de vehículos, a taxa de lixo, as garderías, o servizo de atención ao fogar, o ICIO, a piscina, o centro de día, a recollida de mercados, o guindastre, vaos, licenza de apertura, plusvalías, estadas e outros moitos.

A proposta inclúe tamén a actualización da taxa de auga, saneamento e depuración en base ao IPC de xullo, que foi dun 2,2%. Este é o mes que tradicionalmente se ten en conta para a actualización que vén obrigada polo contrato de concesión da auga.

Ademais, tal e como xa se anunciou hai uns días reducirase o IBI, o imposto co que maior recadación anual obtense 6,8 M€. O IBI urbano reducirase un 10%, do 0,44% ao 0,40%, que é o mínimo legal. A proposta do goberno tamén inclúe a redución do IBI rústico nun 20%, do 0.48% ao 0,40%.

 

 

INGRESOS ANUAIS POR IMPOSTOS E TAXAS 

 

  • IBI 6,8 M€

  • Recollida de lixo 1,9 M€

  • Saneamento 1 M€

  • Auga 1,2 M€

  • Imposto vehículos 0,7 M€

 

 

 

0
0
0
s2sdefault