Concello de Sanxenxo - O Concello ultima o prego de condicións para licitar a mellora de rúa progreso valorada en 2,5 m€.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Secretaría do Concelllo está a traballar nos últimos detalles do prego de condicións para poder licitar a reforma da rúa Progreso. Trátase do proxecto co importe máis alto dos que adxudicará o Concello nesta lexislatura 2,5 M€. Dos cales o 70%, 1.804.174€, achégaos a Consellería de Infraestruturas e o 30% restante,773.217€, o Concello.

O convenio asinado entre a Consellería e o Concello establece que será o segundo quen se encargue de adxudicar e dirixir as obras. Esta cuestión é moi relevante pois poderá evitarse problemas como os que se xeraron na reforma da avenida de Luís Rocafort.

A reforma abraca 1.280 metros que van desde a confluencia entre a rúa Progreso e a avenida de Madrid ata a rotonda de Arnelas. O obxectivo principal do proxecto na reordenación dos espazos para vehículos e peóns o que levase a creación de dúas novas rotondas que permitirán axilizar o trafico nas cruces máis conflitivos da rúa e a mellora das beirarrúas que pasasen a ter como mínimo 1,8 m.

Neste sentido cabe lembrar que agora hai tramos da rúa que dispoñen de menos de 1 metro de beirarrúa, unha circunstancia inaceptable en calquera rúa, con máis razón nun viario desta importancia.

Outras melloras previstas na reforma son a substitución e nova canalización de todos os servizos, luz, auga, saneamento e telefonía e a dotación de novo mobiliario como bancos, papeleiras, sinais e farois.

O prazo de execución das obras é de 12 meses, pero o goberno fará todo o posible para reducir este prazo para que ao comezo do próximo verán a rúa estea rematada. Calquera obra xera inconvenientes e problemas, e máis ao tratarse dunha rúa tan transitada e na que hai tantos negocios e comercios. O goberno preocuparase de que as obras se fagan xerando os menos inconvenientes posibles para os comercios e as persoas que viven na rúa.

 

0
0
0
s2sdefault