Concello de Sanxenxo - A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude distribúe polos centros educativos as axendas escolares
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co inicio do curso, o departamento de educación está a distribuír as axendas escolares que utilizará o alumnado durante este ano académico.

As axendas escolares veñen editando por parte do Concello de Sanxenxo desde o curso 2010-1,1 despois de que se aprobase esta iniciativa no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa.

Como novidade este ano, as axendas escolares inclúen unha nova iniciativa de “Sanxenxo Fala”, denominación baixo a que o Concello de Sanxenxo organiza, promove e divulga iniciativas a favor da lingua e cultura galegas.

A maneira de facelo é a través da procura divertida de expresións e palabras usadas de maneira habitual que, ás veces, nin sequera pertencen a ningunha normativa, simplemente son parte da cultura popular do noso Concello. O alumnado coa axuda da súa familia pode introducir a súa achega no apartado: “e ti… falas?”.

“ Sendo conscientes dás diferentes maneiras de expresarse en todo ou municipio prevemos que a iniciativa vai a darnos a coñecer máis dunha palabra. Mesmo estamos a pensar na maneira de habilitar un espazo para poder recoller e mostrar a todos vos veciños e veciñas ou resultado desta iniciativa”, afirmou Paz Lago.

 

0
0
0
s2sdefault