Concello de Sanxenxo - Contratación de mestres para a Escola de Música Municipal do O.A Terra de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá publicáronse na web municipal as bases para a contratación de mestres para impartir clases na Escola de Música Municipal do O.A Terra de Sanxenxo, durante o curso escolar 2018-2019.

Serán un total de 14 prazas para as seguintes especialidades: guitarra, linguaxe musical, clarinete, trompa, educación musical, violoncello, frauta, percusión, trombón, oboe, 2 de piano, saxo e tuba. A relación dos aspirantes admitidos e excluídos xunto co baremo de méritos que cada aspirante achegue (tras revisión da documentación e suma de méritos polo tribunal) publicarase no Taboleiro de Anuncios e Web do Concello de Sanxenxo o luns 1 de outubro e as probas terán lugar o martes 2 de outubro ás 9:00 horas no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.

O inicio das clases será ao longo do mes de outubro e durarán aproximadamente ata finais do mes de xuño do próximo ano.

A escola de música conta 150 alumnos matriculados nos distintos graos entre nenos e adultos. O ano pasado a escola de música mellorou a súa oferta educativa ampliando en 9 horas lectivas/semana o que permite unha mellor atención e aproveitamento das clases e a mellora da cociente profesor/alumno.

0
0
0
s2sdefault