Concello de Sanxenxo - Deputación aproba o investimento do remanente do Plan Concellos 2016
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois do investimento do Plan Concellos 2016, quedaba un remanente a favor do Concello de Sanxenxo de 25.900€.

Para a súa utilización, o goberno presentou un proxecto de mellora da seguridade viaria en Catadoiro-Arra. Este viario, que une os dous lugares, presenta un elevado tránsito rodado e carece de beirarrúas, así como espazos físicos para o tránsito peonil.

Ademais, a sinalización horizontal existente, está bastante deteriorada, e a vertical considérase insuficiente. É por iso, que a seguridade viaria da estrada é claramente mellorable.

O proxecto recolle a limpeza de marxes e cunetas, a instalación de drenaxes e redutores de velocidade tipo “lombos” así como a sinalización horizontal e vertical.

O orzamento deste proxecto ascende a 24.890€.

 

0
0
0
s2sdefault