Concello de Sanxenxo - Pouco a pouco Sanxenxo vaise consolidando como destino de congresos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este fin de semana coa celebración do de hipertensión e a segunda semana de outubro o de emerxencias

Este fin de semana celebrouse o 25 congreso da sociedade galega de hipertensión e risco cardiovascular no hotel Carlos I e o Pazo Emilia pardo Bazán. É a sétima vez que este congreso celébrase en Sanxenxo e o cuarto ano consecutivo.

No encontro participan directamente 300 persoas entre médicos e enfermeiros. Pero se aos participantes directos sumamos os acompañantes máis de 700 persoas pernoctan nos hoteis de Sanxenxo.

Como viña sendo habitual en edicións anteriores os organizadores colocaron unha carpa no paseo de Silgar destinada a avaliar os riscos cardiovasculares coa medición da tensión, do índice de glicosa, peso e o contorno das persoas que decidan achegarse á mesma.

Os próximos 10 e 11 de outubro Sanxenxo acollerá o terceiro Congreso de Emerxencias de Galicia, ao que asistirán case 200 profesionais do sector. A praza da Mar acollerá eses días unha exposición aberta ao público de camións, unidades de emerxencia e todo tipo de vehículos e material que utilizan os bombeiros.

 

 

ÚLTIMOS CONGRESOS EN SANXENXO  

  • Xuño 2017 Congreso de Mestres de Judo.

  • Outubro 2016 a federación galega de fútbol celebrou un congreso sobre lesións de xeonllo e ligamento.

  • Outubro 2015 terceiro congreso parasanitario e medicina integrativa.

  • Xuño 2015 congreso da sociedade galega de medicina interna

  • Xullo 2015 congreso da sociedade española de medicina de atención primaria.

  • Outubro 2012 congreso das cooperativas de ensino

  • Marzo 2011 congreso de zouk modalidade de baile tipo samba.

Sanxenxo conta coa primeira rede hostaleira do norte de España con 167 hoteis, 6 casas rurais e 53 pensións que suman un total de 9.931 prazas. Por tanto, dispón dunha ampla oferta hostaleira, que, xunto coa gastronomía, a paisaxe e a tranquilidade que ofrece Sanxenxo nestas datas convérteno nun destino moi atractivo para celebrar calquera congreso e evento.

 

0
0
0
s2sdefault