Concello de Sanxenxo - O próximo fin de semana terá lugar a festa da vendima e San Miguel en Dorrón
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un ano máis, o próximo fin de semana, Dorrón celebrará as súas festas da vendima e en honra a San Miguel.

A cita comezará o venres 5 no Campo de fútbol, coa Festa da Mocidade. Nela, a partir das 23.00 h. poderase gozar da música de DJ. Víctor Rivas ( Buddha Sanxenxo) e DJ. Mario CL (Residente en Eivissa). Ademais, haberá sorteos, e bebidas e bocadillos a prezos populares.

O sábado, a partir das 9.00 h. alborada a cargo do grupo de gaitas, Os do Barro. A misa solemne será ás 13.00 h, seguida da procesión. A continuación, terá lugar a actuación do grupo folclórico Soalleira de Dorrón.

Pola noite, a partir das 22.00 h. verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e Trovadores. Durante esta verbena farase un sorteo do tradicional barril de viño e unha noite de hotel para dúas persoas no hotel SPA Torre do Deza.

 

0
0
0
s2sdefault