Concello de Sanxenxo - As persoas que desexen participar no concurso de empanada terán que inscribirse antes do sábado ás 14.00 h.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

As persoas que desexen participar no concurso de empanada terán que inscribirse antes do sábado ás 14.00 h facilitando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Teléfono de contacto
  • Localidade de procedencia
  • Empanada que presenta (indicar produto PescadeRías)

 

Para poder participar só se precisa ser maior de 18 anos. A inscrición será gratuíta e pódese realizar por algunha destas vías:

  • Enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • No teléfono 986.861343
  • O mesmo día no punto de información instalado na propia Festa.

Con este concurso búscase o valor dos produtos da ría enxalzando un dos signos de identidade da zona, honrando ao mesmo tempo o labor dos mariñeiros da nosa comunidade.

As empanadas terán que presentarse no punto de información da lonxa o sábado ás 17.30 h e o acto será ás 18.00 h. Cada empanada levará un número de participación vinculado aos datos persoais de inscrito, para que a valoración por parte do xurado sexa de forma anónima.

As empanadas terán como ingrediente principal os produtos PescadeRías (peixes, moluscos e mariscos da ría). E poderán ser de trigo, millo ou timbal e terán un peso mínimo de 1Kg. No momento de presentación da empanada, os participantes deberán ter a receita escrita cos ingredientes utilizados.

O xurado estará composto por persoas ligadas á restauración ou especializadas nestes produtos, que emitirán o veredicto unha vez finalizado o evento.

Son tres os premios aos que se opta no concurso:

  • Primeiro premio: Diploma + Fin de semana para dúas persoas no Hotel Carlos I de Sanxenxo con circuíto SPA.
  • Segundo premio: Diploma + Cea para dúas persoas no Restaurante Azor de Portonovo.
  • Terceiro premio: Diploma + Circuíto Spa e merenda para dúas persoas no Hotel Carlos I de Sanxenxo.

Unha vez terminado o concurso, as empanadas premiadas serán poxadas entre o público asistente.

Ademais, durante o evento, terá lugar unha homenaxe José Antonio Gómez, o patrón maior en funcións da Confraría de San Roque de Portonovo, en recoñecemento ao seu labor durante máis de 20 anos á fronte da directiva, e á súa gran implicación á hora de impulsar numerosos proxectos que foron importantes para a Vila.

0
0
0
s2sdefault