Concello de Sanxenxo - A humanización da Rúa Progreso realizarase en 3 fases para prexudicar o menos posible a residentes, a actividade comercial e o tráfico
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O proxecto de mellora da Rúa Progreso abarca 1.270 metros e está valorado en 2,5 M€. Ten un prazo de execución de 12 meses, pero o goberno espera que poida realizarse en 9 meses aproximadamente. O proxecto vaise executar en 3 fases, ata que non se termine a que está en obras, non se iniciarán os traballos na seguinte.

 

 

3 FASES

 

  • 1ª fase de 470 metros comprendidos entre a rotonda de Arnelas e o cruzamento coa DP–9205, estrada de Fontoira. Mentres se corta este tramo ao tráfico haberá 2 itinerarios alternativos a cada lado a rúa Progreso.

  • 2ª fase de 260 metros desde onde conclúe a primeira ata o cruzamento coa estrada EP-9203 (Rúa Sanxenxo) e a rúa Consistorio. Nesta fase vaise traballar a media calzada e, por tanto, mentres duren as obras sempre haberá un dos dous carrís abertos e unha alternativa para o carril cortado.

  • 3ª fase, de 550 metros, que van desde onde acaba a segunda fase ata a confluencia da rúa Progreso coa Avda. Madrid. Haberá dúas alternativas de tráfico una por encima da rúa Progreso e outra pola Avda. de Madrid e o paseo de Silgar.

 

2 GLORIETAS

A mellora da rúa Progreso contempla 2 glorietas ou rotondas que permitirán axilizar o tráfico e mellorar a seguridade viaria. As rotondas son moito máis eficaces e seguras que os carrís centrais, demasiado estreitos, que agora ten a rúa para regular as súas cruces.

A primeira rotonda ten un diámetro de 27 metros e construirase ao comezo da rúa, na confluencia coa Avd. de Madrid.

A segunda glorieta, cun diámetro de 28 metros, no cruzamento entre a rúa Progreso con Castelao e a estrada de Nantes. Trátase do cruzamento máis conflitivo que ten a rúa e onde se adoitan xerar importantes retencións.

BEIRARRÚAS

Outra das melloras é a ampliación das beirarrúas. Agora a rúa ten tramos que nin sequera dispoñen dun metro de beirarrúa e por tanto son un perigo para os peóns, ademais de non cumprir a lexislación.

Dificilmente pódese transitar por eses tramos, por exemplo, cun carriño de bebe e se encima te cruzas cun peón este terá que baixarse da beirarrúa para poder pasar. O proxecto contempla beirarrúas de 1,8 metros como mínimo con lousa e bordos de granito como a Avd. de Madrid.

A mellora das beirarrúas e a humanización da rúa con zonas axardinadas e espazos mellor ordenados farán que a rúa sexa moito máis atractiva para a actividade comercial e máis agradable para os residentes.

Loxicamente, como en calquera outro proxecto de humanización, a mellora leva a redución dalgunhas prazas de aparcadoiro naquelas zonas onde agora non hai beirarrúa suficiente e onde se van a construír as dúas rotondas que van permitir axilizar o tráfico. En calquera caso, o proxecto contempla 76 prazas de aparcadoiro, 4 zonas de carga e descarga e 3 zonas de aparcadoiros de autobús.

SERVIZOS E MOBILIARIO

Está prevista a substitución da rede de saneamento e a creación dunha rede separada de pluviais que evitará os problemas de inundación e saturación da vella rede. Unha nova rede de abastecemento de auga en tubaxe de fundición de 150 mm e o soterramento de parte da rede eléctrica e telefonía.

O mobiliario incluirá 3 tipos de farois de 9, 6 e 4,5 metros de altura, bancos de granito natural e de madeira tratada, papeleiras e varandas.

 

 

0
0
0
s2sdefault