Concello de Sanxenxo - Sanxenxo crea lazos con municipios doutros países da UE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde Galicia promovéronse o 52,3% dos proxectos que Bruxelas aprobou a España no último trienio, para xerar vínculos entre concellos da Unión Europea, e un deses concellos é Sanxenxo.

Cabe destacar que, na primeira convocatoria de 2018, Galicia conseguiu impulsar 5 dos 7 proxectos europeos que lle foron aprobados a España, propostas presentadas polos concellos de Rodeiro, Sanxenxo, A Baña, Cabanas e Melide, cunha dotación total de 40.320 euros. Ao noso municipio asignáronlle unha cantidade de 10.080€.

Recentemente, o tenente alcalde, Gonzalo Pita participou en San Petersburgo nun seminario de representantes e traballadores de mocidade, presentando o destino e intercambiando experiencias e boas prácticas de traballo.

Con eses vínculos entre lugares, preténdese que os participantes vivan novas experiencias, desenvolvan habilidades persoais, coñezan idiomas e establezan novas relacións persoais e profesionais. Ademais, ampliarán as súas perspectivas sobre o mundo con novas visións sociais, culturais, políticas e económicas.

0
0
0
s2sdefault