Concello de Sanxenxo - O goberno adxudica o acondicionamento do miradoiro de Palacios-Carabuxeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O miradoiro de Palacios-Carabuxeira é unha área de descanso e de contemplación da contorna, sendo un elemento de atractivo turístico do Concello, ao que se achegan numerosas persoas durante todo o ano.

Detectáronse varios danos nel que ofrecen unha mala imaxe ás persoas que accedan ao mesmo, necesitando unha reparación urxente. Estas necesidades serviron de base para a solicitude dunha axuda concedida dentro dunha liña de subvencións para a mellora das infraestruturas turísticas da Axencia de Turismo de Galicia.

O orzamento da actuación ascende a 20.800€ e os traballos para realizar consistirán en:

• Demolición e levantado de bordos de pedra existentes.
• Apertura de caixa na zona de actuación.
• Soleira de formigón para base do novo pavimento.
• Pavimento de lastra embelecida.
• Realización da canaleta para augas pluviais.
• Retirada do peche metálico e realización do novo peche.

0
0
0
s2sdefault