Concello de Sanxenxo - Avanzan a bo ritmo as obras da pista polideportiva de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado 20 de setembro comezaba o replanteo da obra de construción da pista polideportiva de Nantes, e tras tres semanas de traballo, as obras avanzan a bo ritmo. Esta actuación ten un orzamento de 199.990€, que serán financiados a través do Plan Concellos.

Ata o momento xa se nivelou o terreo e delimitouse a zona na que se depositará a soleira de formigón de 20 centímetros de espesor, de 44 metros de longo e 28 metros de ancho, e a cuberta será a dúas augas con faldóns de 44,50m. x 14,60m. Instalaranse os correspondentes canlóns e baixantes para a recollida de augas pluviais da cuberta.

A empresa adxudicataria propuxo unhas melloras por un valor de 26.700€, entre as que se atopa a substitución do papel sándwich de cuberta de 40mm de espesor proxectado, por un de 50mm. Tamén propoñen a substitución dos acabados da chapa metálica que conforma o panel sándwich de cuberta propostos no proxecto, por un acabado exterior para ambiente mariños e acabado interior lacado, mellorando a resistencia aos raios UVA e a corrosión.

Ademais, o adxudicatario propón dotar á pista e ás zonas de seguridade da cuberta cun revestimento deportivo impermeable de alta calidade, realizado con catro capas de morteiro.

A infraestrutura estará construída no exterior do recinto escolar, pero estarán comunicados a través dun portal de entrada. Así pois, tamén se poderá acceder á pista polo exterior, xa que fóra do horario escolar poderá ser utilizada por outros colectivos e funcionará como instalación municipal.

Desde o goberno trabállase xa na redacción da segunda fase do proxecto de construción da pista, que permita, entre outras actuacións, o cerramento lateral da mesma.

 

0
0
0
s2sdefault