Concello de Sanxenxo - Onte reuniuse o grupo de traballo sobre calidade educativa para a presentación do programa 18-19 do Concello
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá a través dunha reunión do Grupo Traballo sobre Calidade Educativa presentouse o programa Educativo do Concello de Sanxenxo para o ano 2018/2019. Á devandita reunión asistiron un representante da Federación de Anpas, cada unha das Anpas, equipos directivos de cada centro e as concellerías implicadas co mesmo.

A oferta de actividades parte das escolas municipais, onde se atopan as Escolas Deportivas, Centro de Arte, Ludoteca Itinerante e Escola de música, organizadas desde a Concellerías de Deportes e Educación, respectivamente.

Tomando os centros educativos como punto estratéxico de realización de actividades que fomenten valores, boas prácticas e colaboren na formación en xeral do alumnado complementando o currículo establecido. Así, ademais da Concellería de Educación, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, Medio Ambiente e Seguridade Cidadá presentaron as actividades programadas para este curso, indicando tanto a equipos directivos como Anpas, obxectivos, a que idades vai dirixido e data aproximada de realización.

A maioría dos devanditos programas son xa coñecidos polas comunidades educativas de cada centro, así: Técnicas de Estudo, Prevención de Condutas aditivas, Plan de animación á lectura, Educación para a Igualdade, Educación viaria, Autoprotección e Educación ambiental. 

Novidades dentro das Escolas Municipais:

En Escolas Deportivas introdúcese por demanda bádminton, dirixido ao alumnado de Primaria e ESO, e Escola Municipal de Xogos para introducir o deporte dunha maneira lúdica desde idades temperás (dirixido a infantil e primaria).

Escola de Música amplíase a oferta a 3 e 4 anos coa materia de Iniciación Musical, onde os máis pequenos, de maneira lúdica tomarán contacto co mundo da música.

Charlas Ktorce18, programa-campaña de prevención do acoso e ciberacoso escolar, malos tratos familiares e outras condutas infractoras, destinado a 2º, 3ª e 4ª ESO.

+ Xuventude, máis Concello, dirixido a todos os mozos de entre 12 - 30 anos, con gran incidencia en secundaria, onde se pretende crear unha dinámica de colaboración mediante o programa Correspondentes Xuvenís 3.0, e grupos de participación nos que os mozos son protagonistas en actividades do seu interese.

Para as familias mantéñense os programas dedicados a adultos como:

Educación de Adultos: Obtención graduado ESO, Centro de Arte e formación práctica en música, nas especialidades de guitara e piano.

Taller de autoestima e empoderamiento feminino, para mellorar a autoestima e a motivación das mulleres participantes para o desenvolvemento do seu potencial.

“Trátase dun programa dirixido sobre todo ó alumnado de centros educativos, pero que conta coa participación dos centros, familias e administración. Cada ano trabállase por parte de cada departamento para mellorar, polo que se enriquece dos cambios e das aportacións realizadas entre todos.”, destaca Paz Lago, concelleira de educación.

0
0
0
s2sdefault