Concello de Sanxenxo - A concellería de Medio Ambiente leva a cabo unha posta a punto dos parques infantís
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois da revisión dos 29 parques infantís do municipio, detectáronse unha serie de deficiencias en elementos de xogo rotos, valados en mal estado, danos en chans, falta de pintura, etc.

Así pois, xa se fixeron melloras en Adina e en Arra e nos próximos días continuarán nas diferentes parroquias.

En xeral as obras a realizar consisten na reposición dos xogos deteriorados, reparacións en chans e en elementos de seguridade. “Apostamos de forma clara porque os nenos e nenas do noso Concello conten cunhas instalacións adecuadas para gozar dos seus xogos ao aire libre”, destaca o Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza.

Cabe lembrar, que na zona de Adina remataron as obras de construción do parque canino e do circuíto biosaludable.

No parque do Espiñeiro estase a levar a cabo unha remodelación completa da zona deportiva e en Panadeira farase unha actuación de mellora integral.

Estes espazos son concorridos a diario polas familias e desde a concellería realízanse mantementos frecuentes para que estean nas mellores condicións posibles.

 

0
0
0
s2sdefault