Concello de Sanxenxo - Esta semana comezou o Curso de Autoestima e o próximo luns 29 será o Obradoiro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde o Centro de Información ás Mulleres, dependente da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizouse un curso e un obradoiro sobre autoestima e empoderamiento feminino para este mes de outubro.

Esta programación ten como principal obxectivo promover a autoestima e o empoderamiento das mulleres, tanto a nivel individual como grupal e social.

“A idea é aprender a xestionar as emocións, a escoitalas e a saber recoñecelas. Tamén se promove a autoestima, a motivación, a capacidade persoal e a toma de decisións”, apunta Silvia Freire, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

Trátase, en definitiva, de posibilitar espazos para a reflexión e a toma de conciencia que permita ás mulleres nutrir a súa capacidade para crear e actuar, para deixar de lado crenzas, pensamentos, emocións e comportamentos que poidan estar a limitar o seu día a día.

CURSO DE AUTOESTIMA E EMPODERAMIENTO FEMININO

Este curso, gratuíto e en horario de 17:00 h a 20:00 h iniciouse este luns e finaliza hoxe xoves no Usos Múltiples de Portonovo. Dirixido por unha psicóloga e formado por unhas 15 mulleres, están a desenvolverse exercicios lúdicos e dinámicas grupais para a aprendizaxe da autoconfianza, a xestión das emocións e en definitiva, o poder desenvolver a autoestima persoal.

OBRADOIRO AUTOESTIMA

O obradoiro terá lugar o luns 29 de outubro de 17.00 h. a 20.00 h. no Usos Múltiples de Portonovo e para participar, as mulleres interesadas deberán apuntarse previamente, en horario de 8.00 h. a 15.00 h. no CIM do Concello de Sanxenxo. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

0
0
0
s2sdefault