Concello de Sanxenxo - O centro de saúde de Baltar contará cunha nova sala de espera infantil
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde reuniuse recentemente co xerente da área sanitaria de Pontevedra para tratar as necesidades dos dous centros de saúde de Sanxenxo. O centro de saúde de Baltar contará antes de final de ano cunha nova sala de espera para nenos á beira da zona de extraccións con mobiliario propio para pacientes desa idade, zona de xogos e un novo baño infantil enfronte. Estas melloras deberían estar feitas antes de final de ano.

Doutra banda, é coñecida a escaseza de pediatras, un problema de ámbito nacional que afecta á maioría das comunidades e concellos, pero nótase especialmente nas poboacións que carecen de hospital.

En Sanxenxo temos 2 pediatras que atenden a 2.296 nenos menores de 14 anos, o que supón 1.148 nenos por consulta. A sociedade española de pediatras recomenda ata 1.000 nenos por consulta, pero debido á escaseza destes especialistas contempla ata 1.200 nenos como un número aceptable. Hai comunidades autónomas e concellos nas que se superan os 1.600 nenos por pediatra. A cociente de Sanxenxo é das mellores da provincia. Por exemplo, en Poio é de 2.400 nenos por pediatra.

Nestes momentos una das pediatras de Sanxenxo está de baixa e ata que volva substitúelle un médico de familia que non cobre todos os días. Por iso a única pediatra que atende no centro de saúde de Baltar está a facer un esforzo moi importante que di moito da súa gran profesionalidade e que o goberno municipal quere agradecer publicamente.

 

0
0
0
s2sdefault