Concello de Sanxenxo - Esta semana asinouse un convenio para a creación dunha oficina de información turística á entrada do municipio.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo, asinaron un convenio de colaboración para a creación dunha oficina de información turística á entrada do municipio.

Co obxectivo de mellorar a atención e a información turística ás persoas visitantes do Concello, o goberno local ha querido recolocar esta caseta e é por iso que se solicitou esta axuda á Axencia de Turismo de Galicia.

O orzamento estimado para a execución das obras ascende a 74.700€, e o proxecto consiste na creación dunha oficina de turismo, accesible, con atención ao visitante, consulta de información e punto de encontro para visitas guiadas, así como venda de merchandising. Ademais, instalarase na caseta o mobiliario e os equipos informáticos necesarios.

Recentemente levouse a cabo unha actuación de mellora no lugar, na ligazón da PO-504 coa autovía do Salnés. Esta actuación tivo un orzamento de 48.395€, que mellorou a entrada ao municipio, e acondicionou o lugar para a instalación desta caseta.

Para iso, executouse unha soleira, levou a cabo o acondicionamento do sobre ancho con mestura bituminosa en quente, para ampliar a calzada e colocouse un murete para delimitar e protexer. Tamén se pintaron as marcas viarias, e instaláronse as acometidas para o saneamento e a iluminación da caseta.

 

0
0
0
s2sdefault