Concello de Sanxenxo - O vindeiro martes celebrarase a mesa para a calidade turística en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vindeiro martes día 13, celebrarase no Obradoiro de Hostalería, situado no Porto Deportivo Juan Carlos I, a mesa para a calidade turística. O acto estará presidido polo Alcalde e tamén están convocados representantes @de la Xunta de Galicia, Fegamp, Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedra, ademais de CETS e Entretendas e membros da corporación municipal.

A sesión comezará, despois da aprobación da acta anterior, coa avaliación dos informes das auditorías aos establecementos que se están dentro do sistema SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino).

O SICTED é un produto tecnolóxico impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo (Turespaña) e a Federación Española de Municipios e Provincias, que busca proporcionar un sistema integral e permanente de xestión da calidade nun destino turístico. A súa achega crave é a conciencia integral de destino e a identificación de obxectivos comúns entre todos os axentes implicados, sexan turísticos ou non, tanto públicos como privados. Actualmente hai 32 oficios que se pode adherir ao sistema nun destino turístico.

Sanxenxo leva traballando como xestor do SICTED desde o ano 2005, data na que se uniu ao proxecto nacional, creando esta mesa para a Calidade Turística. Sanxenxo continúa sendo o municipio galego con maior número de adhesións a este sistema.

Na reunión tamén se presentarán os candidatos á 4ª edición dos premios Sanxenxo Calidade Turística 2017. Este premio creouse para recoñecer o esforzo á calidade, ao traballo e á promoción turística do municipio, co obxectivo de incentivar a excelencia no sector. É a Mesa de Calidade a encargada de elixir anualmente os gañadores.

 

0
0
0
s2sdefault