Concello de Sanxenxo - As obras da pavimentación do núcleo de Bordóns entran na súa fase final coa colocación do adoquín
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de setembro comezaban as obras de pavimentación do núcleo de Bordóns. Cun investimento de 99.990€, entran na súa fase final coa colocación do adoquín.

Esta actuación que se esténdese ao longo de 900 m, nunha zona que vertebra o núcleo central da parroquia, estará terminada antes de Nadal.

O pavimento existente presentaba un firme moi deteriorado, con gretas e importantes fochancas. Isto todo provocado principalmente á súa antigüidade, e ao uso, que se incrementa considerablemente na época estival pola actividade turística da zona.

A actuación completa consiste en pequenas demolicións e traballos previos para a instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais, a execución dos firmes e pavimentos, dotándoos dunha capa de zahorra e soleira de formigón. E, finalmente, a pavimentación e o realce de tapas e a instalación da iluminación e a sinalización vertical.

Para a súa execución foi necesario obter autorizacións de Augas de Galicia, por estar o lugar afectado polas canles de rega de Bordóns, da Deputación de Pontevedra, polo entroncamento coa EP-92002 e da Consellería de Cultura e Educación, por atoparse nunha zona protexida do patrimonio arqueolóxico e etnográfico da Igrexa parroquial San Pedro de Bordóns, o cruceiro de Palma e a Casa Reitoral.

 

0
0
0
s2sdefault