CHARLA INFORMATIVA: AGRESIÓNS SEXUAIS E VIOLENCIA SEXUAL: COMO ACTUAR.
Esta charla destinada a todos os públicos terá lugar o próximo 23 de novembro no Edificio Multiusos de Portonovo. Será ás 19.00h, e estará impartida por persoal especializado da Xunta de Galicia.
A sesión terá o obxectivo de buscar o rexeitamento social e institucional que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizando á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.
CONTA CONTOS: “CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS”
O próximo día 21, terá lugar unha sesión de conta contos con temática de igualdade e prevención das desigualdades entre mulleres e homes. Destinados a nenos e nenas a partir dos 4 anos, será na biblioteca de Portonovo.
Para participar nesta actividade será preciso inscribirse previamente, na propia biblioteca ou no teléfono 986.69.11.49.
Rachar cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral ou a corresponsabilidade. Eses son algúns dos obxectivos de ‘Contos vellos, novos finais’.