Concello de Sanxenxo - Showcooking, saída ao campo e conferencias na XVI Edición das Xornadas Micolóxicas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Medio Ambiente organiza un ano máis, na Casa Forestal As Canteiras, as xornadas micolóxicas de Sanxenxo. E, con esta, xa son 16 as edicións desta cita consolidada no calendario anual.

As xornadas comezarán hoxe mércores 21, cunha conferencia de introdución á micoloxía, a cargo de Carlos Álvarez Puga, Presidente da Agrupación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía.

Outra conferencia terá lugar o xoves día 22, con Ramón Carlos Encisa Fraga, Vicepresidente da Cantarela, que fará unha exposición que leva por título: "Cogomelos comparados, comestibles e velenosos".

O venres 23, ás 20.00 horas, un showcooking a cargo de Rubén García Castrelo, cociñeiro e membro da Cantarela.

As xornadas terminarán o sábado 24, ás 9.00 horas, cunha saída ao campo para a identificación in situ de todo o aprendido.

Con estas xornadas preténdese achegar e dar a coñecer o mundo dos fungos e os cogomelos a todos os asistentes, centrándose en aspectos como o seu ciclo biolóxico, a súa estrutura e funcións, o manual de boas prácticas ambientais para os afeccionados nas súas saídas ao campo, a prevención de intoxicacións, e a aprendizaxe do cultivo de cogomelos.

Para asistir, é necesario inscribirse previamente nas oficinas desta concellería, en Vilalonga, ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A participación é totalmente gratuíta.

0
0
0
s2sdefault