O goberno licitará proximamente as obras de mellora da casa de Don Fernando, co obxectivo de darlle un impulso á utilización deste espazo e destinala principalmente á mocidade.
Para isto, levará a cabo unha actuación que permita adecuar as instalacións á normativa de accesibilidade vixente.
Tanto o edificio principal como a parcela na que se atopa non reúnen as condicións de acceso a persoas con mobilidade reducida. Para emendalo redactouse un proxecto que suprimirá as barreiras arquitectónicas e de comunicación e construirase un aseo accesible.
Tamén se instalará un ascensor panorámico hidráulico cunha cabina de 1,10 m X 1,40m. Na planta alta do edificio colocaranse unhas divisións de pladur para crear un novo espazo destinado a sala de estudo.
Para corrixir as filtracións de humidade farase unha drenaxe perimetral polo exterior e unha impermeabilización que evite as filtracións. Tamén nas escaleiras exteriores conectadas coa fachada, onde se selará toda a superficie de contacto.
A casa de Don Fernando, construída en 1900, atópase nunha leira cunha superficie de 800 m2. Aínda que na actualidade atópase en bo estado, fanse necesarias estas melloras para un bo acondicionamento dos espazos que permita o uso diario do local.