A Asociación de Veciños de Adina organiza dous cursos de poda e enxerto en novembro e decembro.
O primeiro deles será de poda e enxerto de viñas e kiwis os días 29 e 30 de novembro e 1 decembro. Este curso terá un horario de 20.30 h. a 22.30 h. e o seu prezo será de 10€ para os socios e 15€ para os que non o sexan.
O segundo curso será de poda e enxerto de frutais. A duración estenderase desde o día 10 de decembro ata o 15, en horario de 20.30 h. a 22.30 h. O prezo deste curso será de 20€ para os socios e 25€ para os que non o sexan socios. Os interesados poderán solicitar máis información ou inscribirse no teléfono 622.903.750.